![]() |
|
|
17 DE MAYO: DIA DAS LETRAS GALEGAS![]() O día das letras galegas e toda unha homenaxe a lingua e a cultura galega. Pícaros Mundi súmase a esta data senlleira que se dedica a Xosé María Álvarez Blázquez, autor fundamental na edición galega. A Casa Galega da Cultura de Vigo acolle dende o luns 21 de abril e ata o 25 de maio a exposición "A palabra e os días. Homenaxe a Xosé Mª Álvarez Blázquez", organizada por Editorial Galaxia e patrocinada pola Consellaría de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia. Esta exposición sobre Xosé María Álvarez Blázquez pretende achegarnos á súa figura atendendo ás súas múltiples facetas vitais e creativas. Diante de nós aparece o poeta, pero tamén o investigador e o cronista. Un home curioso e activo, cheo de inquedanzas, que foi quen de deitar o seu talento na súa época e para a súa terra atendendo a moitas frontes porque nada quedaba fóra da súa curiosidade. Desde o compromiso con ela, inventando, en tempos escuros pouco propicios á lucidez, un país do que hoxe podemos gozar. A súa contribución, desde a recuperación de cantigas medievais, ou desde o seu labor de arqueólogo, editor ou poeta, celebrámola hoxe coma un agasallo xeneroso dun home de talento. [ + info www.editorialgalaxia.es] Comentarios » Ir a formulario |
PícarosMundiUn nuevo concepto de información-diversión infantil y juvenil.
"MUCHA GENTE PEQUEÑA, EN LUGARES PEQUEÑOS, HACIENDO PEQUEÑAS COSAS, PUEDE CAMBIAR EL MUNDO" Temas
Archivos
Enlaces |