ENHORABUENA KALANDRAKA: PREMIO CIDADE DE PONTEVEDRA

(11/01/2007) O xurado dos Premios Cidade de Pontevedra tomou a decisión de concederlle a KALANDRAKA o Premio da categoría de persoas xurídicas. O Pleno da Corporación de Pontevedra ratificará a decisión. A entrega do galardón será o día 20 de xaneiro, data da festividade da cidade.
Os premios "Cidade de Pontevedra" naceron coa finalidade de galardoar o traballo realizado por e para Pontevedra.
A Concelleira de Cultura de Pontevedra, María Jesús López Escudeiro, salientou o papel de Kalandraka no lanzamento da ilustración galega, e na difusión e promoción do libro galego infantil e xuvenil en toda España.
KALANDRAKA EDITORA fundouse en Pontevedra en 1998, un dous de abril, data que coincide coa celebración do Día Internacional da Literatura Infantil e Xuvenil. Co seu lema, "Libros para soñar", o nacemento de KALANDRAKA permitiu que os lectores galegos -adultos e cativos- puideran acceder a obras literarias que permanecían lonxe do seu alcance.
Desde PícarosMundi nos unimos a las felicitaciones, encantados de poder contar con un importante fondo editorial de kalandraka en nuestra librería y de compartir su lema "libros para soñar".
Más informacion en: http://www.editoresgalegos.org/novas/noticia.php?id_nova=268&lg=gal
